|
Venres, 16 de Novembro do 2007 |
|
O Goberno acorda coas asociacións de televisión, radio e prensa un tratamento informativo da violencia de xénero máis axeitado. O pasado mércoles 12 de decembro, María Teresa Fernández de la Vega reuniuse con Manuel Campo Vidal, Presidente da Academia das Artes e Ciencias da Televisión (ATV), Pilar de Yarza, Presidenta da Asociación de Editores de Diarios Españois (AEDE), Fernando González Urbaneja, Presidente da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), e Javier González Ferrari, Presidente da Asociación Española de Radiodifusión Comercial (AERC), co fin de dar un novo impulso á loita contra a violencia de xénero nos medios de comunicación.
No encontro, a Vicepresidenta informou de primeira man ós reunidos das medidas acordadas tanto coas televisións comerciais como coas públicas, recalcando a importancia de que toda a sociedade, e especialmente os medios de comunicación, polo papel relevante que desempeñan nela, se comprometan no combate contra a violencia que se exerce contra as mulleres. Os presidentes das catro organizaciones mostraron a súa absoluta disposición a colaborar nesta loita e asumiron as medidas xa postas en marcha nas cadeas televisivas. |
|
|
Xoves, 14 de Xuño do 2007 |
|
A Asociación ALBA está levando a cabo dende comezos do mes de xuño e ata finais do mes de xullo uns obradoiros na Cárcere de Teixeiro. Nestes obradoiros traballase directamente coas presas e neles tratanse temas como a autoestima, a corresponsabilidade, a afectividade, as relacións igualitarias... A finalidade última desta actividade é favorecer a igualdade entre os homes e mulleres, ampliando a labor da asociación a outros ámbitos máis alá do local da propia asociación e acercarnos así, a aquelas persoas e grupos que teñen especiais dificultades para chegar a nós. |
|
|