Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Sindicación



 
Novas

A asociación de mulleres Alba trasládase á Rúa Xeneral Pardiñas nº10-16, planta 1ª-porta 4. Para poñerse en contacto con nós poden chamar ao número de teléfono 981-59 66 49 ou acudir pola sede da asociación. O horario de atención ao público é de luns a xoves de 17:00 h. a 20:00 horas.

Ler máis...
 
¿Quen somos?

A Asociación de Mulleres Progresistas “ALBA” constituíuse no ano 1987 baixo a presidencia de Dona Carmen Feteira Vázquez e a súa creación foi posible grazas á iniciativa dun grupo de mulleres, cunhas inquietudes comúns, que tiñan como obxectivo prioritario traballar en defensa da igualdade de dereitos da muller a respetcto do home, asesorando, informando e promovendo actividades que axudan á participación da muller na vida política, social, profesional, cultural e educativa en condicións de igualdade. No ano 1995 asume a presidencia Dona Josefa Mariño Rivas, sendo sustituida en febreiro de 1998 por Dona Guadalupe Rodríguez Silva, quen ven desenvolvendo o cargo de Presidenta ata comezos de 2007. Na actualidade ostenta a Presidencia da Asociación Dona Eva María Castaño Roo.


O ámbito de actuación da Asociación ALBA desenvólvese principalmente no Concello de Santiago e as zonas limítrofes, ainda que participa activamente nas actividades realizadas en distintos concellos da provincia de A Coruña. Ademais, a súa presenza nos medios de comunicación foi constante desde os seus comezos, con intervencións periódicas na prensa local e provincial e participando semanalmente en programas de radio para tratar temas de actualidade relativos á muller.


Durante estes vinte anos de andadura, todas as actividades realizadas na Asociación están encamiñadas a atinxir os obxectivos de igualdade propostos na súa creación. Neste sentido, e desde os seus inicios, impartíronse cursos e charlas sobre os temas que máis poderían preocupar á mulleres, como a sexualidade, menopausia, anticoncepción, aborto, reproducción asistida, orientación profesional, busca de emprego, etc., tendo unha grande acollida os cursos de autoestima que se impartiron durante varios anos. Así mesmo, e co obxectivo de facilitar o acceso das mulleres ó mundo laboral, promovéronse cursos de formación integral de adultas que en moitos casos tiñan como obxectivo a alfabetización das mulleres (houbo moitas que aprenderon a ler e escribir na Asociación) e, noutros casos, posibilitaron que as alumnas acadasen un título que, as máis das veces, era imprescindible para poderen optar a un posto de traballo. Entre os diferentes cursos que se levaron a cabo desde o seu inicio, un exemplo relevante no logro da igualdade de sexos foi o “Curso de Conductora de Servicios Públicos” (1995) que supuxo para as mulleres que o finalizaron, a obtención dunha cualificación profesional nun campo que, anteriormente, estaba reservado esclusivamente ós homes.


Por outra banda, cómpre destacarmos a actividade levada a cabo pola Asociación coa creación do S.I.P.E. (Servizo Integrado Para o Emprego) na provincia da Coruña no ano 1996 a que contnuou no ano 1997.


Na actualidade seguimos a traballar para dar ás mulleres a información, asesoramento e formación necesarios para o seu desenvolvemento persoal, social, etc., así como para alcanzar un dos nosos obxectivos propostos nos nosos comezos de formar unha sociedade máis igualitaria e, polo tanto, máis xusta e progresista.

 

Buscador

Enquisa

¿Consideras que as medidas para loitar contra a violencia de xénero son axeitadas?
 

¿Quen está online?

Temos 7 convidados conectados
COPYRIGHT © 2007 Asociación progresista de mulleres "ALBA"
Web subencionada por :